Publicado por: paralaia | 16 Abril 2017

“Viva Peter Pan”, de Xesús Pisón

3565_proDisfrutamos na nosa última sesión da lectura e comentario dunha obra de teatro de Xesús Pisón: Viva Peter Pan.

A obra tráenos o espíritu de deliciosa inxenuidade dos contos de fadas, das historias infantís, do mundo do marabilloso que nos retratan Peter Pan, o mago Merlín ou Sherezade. A través das voces e das experiencias de dous nenos achegámonos a eses mitos durmidos que ansían ser espertados a través da imaxinación dos lectores.

No noso coloquio, púxose de manifesto ata que punto o mundo hiper tecnolóxico no que vivimos nos está cercenando a nosa capacidade de fantasía, os nosos soños e quizáis, mesmo as nosas ilusións. Se non podemos soñar, se non podemos trasladarnos coa imaxinación a outros mundos marabillosos, ¿seremos quen de cambiar o noso mundo, de construír un mundo mellor? Non é extraño que os nenos ao final da obra non queiran recuperar a súa condición de adultos-científicos, que investigaban -precisamente- os perigos das fantasías literarias.

Por outra banda, o mundo do mito convertido en conto foi tamén sempre unha vía de tránsito sicolóxico-antropolóxica para asimilar e superar simbólicamente as probas de transición entre infancia e idade adulta. A súa progresiva desaparición lévanos a preguntarnos se non estamos a desembocar nunha sociedade hipertecnolóxica infantilizada absorbida nos seus propios caprichos consumistas. ¿Somos como nenos pequenos, pequenos deuses, permanentemente insatisfeitos? ¿Ten algo que ver con esta condición a perda deses relatos tradicionais, a carencia de eses referentes marabillosos, o esquecemento desas probas simbólicas de transición cara o mundo dos adultos?

Xa vedes que o debate deu moito de si…;)

Advertisements

Responses

  1. Reblogged this on Mar de soños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Otaku no sekai

Blogue do Club de lectura do IES A Paralaia

%d bloggers like this: