Publicado por: paralaia | 28 Abril 2017

Catro pezas teatrais

Rematamos este curso co club de lectura de segundo de bachalerato lendo e dramatizando catro pezas moi breves de autores contemporáneos: Noitebra, de Euloxio R. Ruibal; Dique de abrigo, de Isaac Ferreira; Mantis (A Misión), de Raúl Dans; e ¡Ai, que sería de nós sen os obreiros!, de Gustavo Pernas Cora.

Foi interesante a lectura primeiro das obras de Ruibal e de Ferreira, que trataban -de distinta maneira- unha temática común: os estragos que as drogas causou -e causa- nos adictos e nas súas familias e amistades. A brevidade das obras non foi obstáculo para sentir toda a brutalidade, a perda de humanidade que sofren quen está enganchado e non atopa recursos económicos para consumir esa substancia da que o seu corpo se fixo dependente. Esa deshumanización débese, sen dúbida, a esa dependencia, pero tamén a un entorno que non ofrece máis que violencia-. No curso do debate, concordamos en que na xente nova actualmente aínda se dan casos de drogodependencia, pero non tan frecuentes e probablemente non con substancias tan destrutivas como a heroína. Aínda que, a longo prazo, o alcohol e outras drogas poden causar tantos estragos como aquela.

Mantis (A Misión) fíxose demasiado abstracta por momentos. Quedounos a sensación de que era máis propia doutra época, aínda que as grandes “Causas” seguen a ser utilizadas hoxe en día como coartada para adoctrinar, dogmatizar e impoñer submisión aos seguidores coa coartada de que “a fun xustifica os medios”.

E, por último, ¡Ai, que sería de nós sen os obreiros! foi ocasión para botar unhas risas e quedar con boas sensacións nesta última sesión coas rapazas do noso club de lectura. Foi inevitable lembrar ese tópico sobre o aburrimento dos nosos maiores, que liberan mirando a tele e/ou mirando obras, aínda que hoxe en día non hai tantas como antes da crise. Tamén nos preguntamos se de forma irónica non estaría aludindo o autor na súa obra á degradación dos obreiros, que noutras épocas eran os artífices da loita de clases por un mundo máis xusto e hoxe en día parecen terse convertido en escaparate para entreter os ocios das persoas maiores… En todo caso, divagacións aparte, a obra ofreceunos un rato de diversión e gargalladas, o que nos lembrou que a literatura tamén é, quizáis sobre todo, un espazo para a evasión, para a risa, e para o disfrute.

Oxalá non o esquezamos nos cursos vindeiros!;)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: