Publicado por: paralaia | 5 Xuño 2019

Primeira reunión do Club Manga

tokyo

Hoxe tivemos a primeira reunión do Club Manga. Foi unha reunión moi especial, na que nos atopamos cos vellos amigos e tamén cos novos membros do noso club que chegramos este ano ao noso instituto. Benvido este alumnado de primeiro da ESO!

Nesta primeira reunión, ademáis dos reencontros e as benvidas, chegamos a varios acordos:

a) Este ano temos forzas para repetir de novo a Comic-con, coa colaboración dos nosos veciños do IES As Barxas. Debido a que hai unha empresa de Cádiz que ten rexistrado o nome “Comic-Con”, e que amenazáronnos con denunciarnos se empregábamos de novo ese nome, imos trocar o nome por Cómic Moaña 2019. Tanto os antigos membros do club, como os recén chegados, comprometéronse a traballar arreo para que todo volva a saír coma o ano pasado.

b) O manga que imos ler no primeiro trimestre é Tokyo Ghould. Malia que a mairía dos nosos veteranos xa o leron, considerouse que é un bó xeito para os novos de adentrarse no mundiño manga. Os alumnos que xa tiñan lido, din que estarán encantados de volvelo a ler.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: