Publicado por: paralaia | 11 Decembro 2017

“Galiza mutante, poder nuclear”, de Tomás González Ahola

Tomás González Ahola, o autor da obra “Galiza mutante, poder nuclear”, estivo no Paralaia o xoves 30 de novembro. Na primeira hora tivo un encontro con alumnos de todos os nveis da ESO e de bacharelato que tiñan lido a novela, ambientada nunha Galiza pos-apocalíptica poboada por mutantes e humanos que loitan por sobrevivir nun entorno case medieval. Logo dunha introdución sobre a xénese da obra, seguiuse unha conversa co alumnado participante.

Na segunda sesión, os compoñentes do Clube Manga asistiron a unha charla de Tomás sobre literatura fantástica, desde as orixes até a actualidade. Como guía para a charla utilizouse unha exposición cedida pola editora Urco que pode visitarse no corredor da biblioteca do instituto até o final do trimestre.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Respostas

  1. Reblogged this on Mar de soños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: