Publicado por: paralaia | 1 Abril 2018

A mansión dos Pampín

1540-6.jpgNeste trimestre estivemos a ler e a falar sobre o cómic de Miguelanxo Prado A mansión dos Pampín, que provocou diversidade de opinións, se ben hai que recoñecer que non xerou un gran entusiasmo entre os membros do noso club de lectura. Certamente, nótase demasiado que se trata dun álbum de encargo, promovido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dentro do proxecto “Terra” para a reflexión sobre cuestións tan expresamente didácticas como o deterioro da paisaxe e os efectos da especulación no acceso á vivenda.

boina1prado.jpg

Non obstante, todos os nosos lectores recoñeceron a calidade do debuxo e o talento plástico do autor, así como a claridade do guión.

Ofrecemos a continuación algunhas valoracións dos lectores e lectoras dos noso club:

Raquel Estévez:

O libro pareceume interesante. Era entretenido e nalgunhas partes era cómico.

Gustoume para ler nun momento, pero non o volvería a ler xa que é moi corto e faríase repetitivo.

Era moi fácil de ler e de entender, e iso que eu líome cos nomes e os personaxes, pero neste caso todo estaba moi claro e cada personaxe tiña unhas características diferentes que lles diferenciaban do resto.

Gústame que non houbera ningunha parte na que estivese desorientada no lugar, sabendo que constantemente cambiaban de escenario. Recomendaríao a alguén da miña idade, coma unha lectura rápida pra pasar o tempo.

A trama era algo sinxela, pero se, gustoume e foi unha historia divertida.

Juan Díaz Sticotti:

El dibujo me encanta, los personajes para mi están bien definidos, pero la historia y como se desarrolla no me atrae.

Adriana Rey Calvo:

A mansión dos Pampín é un cómic que fala dunha herencia, unha familia na que o pai recibe unha herencia por parte da súa tía. A min non me gustou, sendo sincera, xa que o tema do que falaba non me pareceu entretenido, era practicamente como falar de algo que pode pasar na túa casa calquera día.

O debuxo era bastante bo, tiña partes moi graciosas, e estaba moi ben.

Non me gustou, pero esta ben lelo, xa que fala de cousas que pasan no día a día, pero eu non o recomendaría.


Respostas

  1. Reblogged this on Mar de soños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: