Publicado por: paralaia | 5 Febreiro 2017

Picnic, de Fernando Arrabal

pic-nic-el-triciclo-el-laberintoA pasada semana adicamos a nosa sesión do club de lectura a ler e falar sobre unha obra clave do teatro español -e europeo- da posguerra: Picnic, de Fernando Arrabal. Trátase, como é ben coñecido, dunha obra que constitúe, dende a poética do teatro do absurdo que practica Arrabal, un alegato contra as guerras.

A obra é moi divertida, e pasamos un bo rato coa súa lectura e posterior debate, a pesares de abordar un tema tan serio. Non puidemos evitar a lembranza dos chistes do famoso Gila, vestido de soldado e co seu característico teléfono na man. Nada tan apropiado como o teatro do absurdo para poñer de manifesto o absurdo da guerra. O humor amosa, unha vez máis, a súa forza crítica e liberadora.

Pero esa perspectiva cómica levounos a reflexionar en voz alta sobre o humor e o seu papel como liberador ou reforzador de prexuízos e dogmas. Así, o debate derivou cara o uso dos clichés machistas (e racistas, sexistas, homófobos…) nos chistes que ata non hai moito -e non sabemos se todavía agora- eran de uso común. Nese sentido entendimos que o humor so ten sentido cando vai contra os dogmas, contra os prexuízos, contra os corsés morais que tratan de impoñernos en nome dunha ideoloxía, dunha relixión, dunha moral…

En fin, xa vedes que a cousa deu moito de si!;) Deixámosvos cunha versión da obra que atopamos na rede:


Respostas

  1. Reblogged this on Mar de soños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: