Publicado por: paralaia | 4 Decembro 2016

“Tu vida en 65′”, de Albert Espinosa

tu_vida_65_280112_1327773859_98_O pasado día 28 de novembro tivemos -con moito atraso, certamente- a primeira xuntanza do noso club de lectura de teatro (hai outro, moi activo, de manga). O xénero elixido foi precisamente un dos motivos da tardanza en reunirnos. O alumnado implicado -de segundo de bachalerato-, sempre moi sobrecargado de traballo, non atopaba tempo para ler na casa as diversas lecturas propostas -novela, relatos breves…-, de maneira que concordamos en que a mellor opción era este ano decantarnos polo teatro, que poderíamos ler nas nosas xuntanzas, evitando así ter que adicarlle tempo a maiores.

A lectura elixida foi unha popular obra de teatro: “Tu vida en 65’”, de Albert Espinosa. A lectura desta obra, que deu

lugar a unha coñecida película con guión do mesmo autor, proporcionou momentos de moitas risas e complicidade ante unha historia protagonizada por xente nova que reflicte algunhas situacións de humor negro en relación coa morte e o amor como espazos vitais moi próximos -mesmo demasiado-. Pero, se cabe, foi máis enriquecedor o debate, onde xurdiron cuestións sobre a nosa concepción do amor e, ao fío da mesma, o tratamento deste tema no cine, na literatura e na vida cotiá desde unha perspectiva “romántica” que supuña, implicitamente, a subordinación das mulleres fronte aos homes.

Albert Espinosa

Albert Espinosa

Tirando do mesmo fío, chegamos a cuestionar algunhas preconcepcións que nos arrodean por todas partes e que condicionan o noso discurso e a nosa ideoloxía. E, polo mesmo, prantéxamonos se non sería bo, se non sería mesmo imprescindible, abordar nas aulas este discurso institucionalizado, en particular no que atinxe ás relacións entre os xéneros. Así, comportamentos e palabras aparentemente inocentes acaban desembocando e actitudes machistas intolerables…

Bueno, seguramente nos metemos en corredoiras que non tiñan nada que ver -ou tal vez si?- coa obra de Albert Espinosa…

Pero o importante é que pasamos un bo rato de lectura e de conversa, e iso, por si mesmo, é todo un agasallo…;)


Respostas

  1. Reblogged this on Mar de soños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: