A poeta pontevedresa Marta Dacosta visitou o noso centro para encontrarse cos alumnos do obradoiro de escritura creativa e do club de lectura. Estes tiveron ocasión de falar coa autora e plantexarlle moitas cuestións sobre a súa faceta como escritora e sobre a escritura mesma.
A continuación, na biblioteca falou para as clases do bacharelato de humanidades (1º e 2º). A ponencia, co título “Resucitando a Ofelia”, falou dalgúns dos seus poemas e as historias ou mitos que os inspiran dende un punto de vista da violencia de xénero e a discriminación da muller a través dalgunhas figuras mitolóxicas e literarias femininas relevantes na historia.
Podedes atopar algúns dos seus poemas aquí:
Deixar unha resposta