Publicado por: paralaia | 2 Xuño 2015

O achado do castro

Manuel_Núñez_Singala_(AELG)-3imagenProducto.phpO luns 25 de maio dez alumnos e alumnas de de ESO reuníronse na biblioteca para facer unha lectura dramatizada da peza teatral de Manuel Núñez Singala O achado do castro. A idea era que trouxesen lido o primeiro acto e “ensaiado” o personaxe que lles tiña sido atribuído, para así facer a lectura máis áxil e entretida; nunha reunión posterior faríase o mesmo co segundo acto da obra. O entusiasmo posto na interpretación foi tal que, finalmente, decidiuse ler o texto enteiro nunha única reunión que acabou durando case hora e media en lugar dos corenta e cinco minutos previstos inicialmente.

A experiencia resultou por tanto máis estimulante e divertida do que pensabamos, tal e como se pode apreciar nas imaxes que tomamos durante a lectura:


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: