Publicado por: paralaia | 12 Maio 2015

Blacksad: “Artic-Nation”

índice300-blacksad-artic-nation-canales-e-guarnido16O pasado luns, día 4 de maio, os membros do grupo de 4º da ESO do club de lectura A Poza da Moura tivemos a que posiblemente fose a última reunión deste irregular curso 2014-15, no que diversas circunstancias nos impediron reunirnos coa periodicidade que quixeramos… A obra elixida para ler e comentar foi o segundo volumem, titulado “Artic-Nation“, da serie de banda deseñada coñecida como Blacksad, de Juan Díaz Canales y Juanjo Guarnido. Recoñecimos en primeiro lugar os méritos deste cómic de autores españois que ten recibido premios e sona internacional que avalan a súa calidade. Gustounos especialmente a orixinalidade de utilizar a fauna animal como trasunto de persoas nun ambiente e nun xénero perfectamente recoñecibles: o xénero negro e os anos cuarenta-cincuenta -aproximadamente- do século XX. Disfrutamos sobre todo da perfección técnica e da expresividade do debuxo, aínda que os referentes históricos e o argumento nos resultaron ás veces un tanto difíciles de seguir.

En todo caso, pasamos un bo rato coa lectura deste cómic e coa nosa pequena tertulia sobre o mesmo, que transcurriu entre risos e xestos de complicidade. Como veredes pola imaxe, ler e falar sobre o que lemos non é nada aburrido!;)

P1020861


Respostas

  1. Reblogged this on Mar de soños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: