Publicado por: paralaia | 20 Decembro 2013

“O centro do labirinto”, de Agustín Fernández Paz

O_Centro_do_Labirinto_arte_O pasado 18 de novembro retomamos as actividades do Club de Lectura de ESO, que xa medrou no seu segundo ano de vida e incorporou este curso novos mozos e mozas. Estamos seguros de que resultará un estímulo para os veteranos confrontar outros gustos e puntos de vista porque o debate e o diálogo sempre son enriquecedores.

Unha vez máis, contamos con Agustín Fernández Paz, todo un clásico e un luxo para calquera literatura, e atrevémonos cunha obra de hai xa uns anos que aborda unha temática, por desgraza, plenamente vixente no ano 2013. Referímonos a O centro do labirinto, que seguro que vos soa porque xa foi tratada neste mesmo club de lectura dous anos atrás. E o éxito foi tal que sentímonos na obriga de repetir…;)

Durante a sesión, todos concordamos en que a visión que nos dá do mundo de mediados do século XXI non difire moito da que contemplamos con estupor na actualidade. Un poder na sombra que goberna os destinos da humanidade por riba do poder político (as multinacionais e os bancos?); a desaparición de especies vexetais e animais; unha uniformización lingüística, de gustos e pensamento que afoga a creatividade; a división do planeta nun “mundo feliz” e zonas de pobreza extrema; uns medios de comunicación que ocultan esa realidade…

E a pesar de todo isto, a novela transmite esperanza para a humanidade: porque existen persoas como Sara e como os membros das comunidades que conforman a Rede. Desde logo, quedounos claro que a variedade é a esencia da vida, que a mentalidade da xente ten que cambiar e que todos temos que implicarnos e actuar para que o mundo sexa máis xusto e os seus habitantes máis felices.

E para animarnos nesa tarefa, qué mellor que volver a vista atrás, aos anos 60, a Bob Dylan, escoitar a súa música e as súas letras, e ver as imaxes daquela época de vitalidade creativa, compromiso e rebeldía.




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: