Publicado por: paralaia | 4 Xaneiro 2014

“Unha granxa para o futuro”

O pasado día 16 de decembro decidimos cambiar de formato e pasar do texto escrito ao audiovisual. A rapazada estaba con moitos exames pero, aínda que non había tempo para ler na casa, tampouco queríamos perder a oportunidade de compartir un rato de charla, neste caso a partires dun documental de temática ecolóxica: “Unha granxa para o furturo”. Deixámosvos debaixo a versión orixinal con subtítulos en castelán, para que teñades a oportunidade de participar no debate e aportedes os vosos comentarios.

A verdade é que o tema deu moito de si: o pico do petróleo e a caducidade dos actuais combustibles fósiles, a variedade de alternativas de producción ecolóxica, as posibilidades que estas alternativas teñen en Galicia, o presente e o futuro da nosa alimentación, o noso modo de vida occidental, cos seus pros e as súas contras… ao final, chegamos á conclusión de que estamos a perder un enorme e valiosísimo caudal de coñecementos que ata hai pouco tempo se transmitía de xeración en xeración de xeito oral no ámbito do rural; tamén concordamos en que había moito que facer, pero que estabamos a tempo de orientar as nosas vidas e o noso mundo na dirección correcta, contribuíndo a un modelo máis sostible e solidario na defensa da soberanía alimentaria; por último, entre outras moitas cuestións, valoramos a nosa responsabilidade nas dinámicas de consumo/consumismo nas que estamos involucrados como consecuencia do sistema capitalista imperante, que xenera inxustizas, contaminación e desigualdades…

Ademais do documental, tamén puidemos achegarnos a estas temáticas a partires dun pequeno cómic de Iago Araújo, que podedes ver aquí:

Selección_033

En fin, que desfrutedes do documental… e que sigades co debate!:)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: