O último día de encontro dos membros máis ‘veteranos’;D do noso club de lectura no curso 2013-14 foi moi especial. Como os alumnos e alumnas de 2º de bachalerato xa estaban cos últimos exames do curso non quixemos sobrecargalos e adicamos a nosa última reunión a visionar algunhas curtas que nos parecían simpáticas, interesantes, atractivas… e que nos deixaron un sorriso para rematar este curso co club de lectura “A poza da moura”.
As curtas volas deixamos aquí, para que as desfrutedes polo menos tanto coma nós. Nós so podemos agradecer a vosa participación a todas e todos os que compartistes con nós este ano de charlas, complicidades, risas, e, sobre todo, palabras, palabras, palabras…
Vémonos o ano que vén!;)
Deixar unha resposta