Publicado por: paralaia | 24 Abril 2013

O curioso incidente do can a medianoite

9788493610173O pasado 15 de abril xuntámonos, por segunda vez neste curso, para comentar unha nova lectura. Nesta ocasión, tivemos o pracer de ler O curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, publicado por Rinoceronte. Unha lectura “diferente”, en opinión dos membros do club. En primeiro lugar, porque o seu narrador-protagonista é un rapaz de 15 anos con síndrome de Asperger, pero tamén por outros motivos. Porque para expresarse, Christopher Boone non só se serve de palabras senón que recorre a debuxos e ilustracións, aos seus coñecementos científicos e, sobre todo, ás matemáticas, nas que é todo un experto. De aí que os capítulos do seu libro (ese que decide escribir para converter as investigacións sobre a morte de Wellington, o can dunha veciña, nunha novela policial) vaian encabezados polos números primos que, como el mesmo di, “son como a vida. Son completamente lóxicos pero non hai quen lles atope as regras”.

Ler O curioso incidente do can a medianoite é como introducirse na mente de Christopher. O libro ensínanos a poñernos na pel dunha persoa con problemas para relacionarse cos demais e a ver as dificultades que se lle presentan na vida cotiá. Coa súa lectura entendemos perfectamente os motivos dun comportamento para nós peculiar e perdemos o medo ao diferente, ao que descoñecemos. Porque aprendemos qué é o que pode causarlle un bloqueo mental, que situacións o angustian, como consegue tranquilizarse e relaxarse, cales son as súas manías… E, ademais, por riba do drama que subxace ao longo da novela, predomina o humor de ver a realidade desde un punto de vista pouco convencional e sen concesións.

perro2Por outro lado, abráianos a súa extraordinaria capacidade para o razoamento abstracto. Todo o que acontece o pasa por ese filtro para entendelo e, se lle atopa unha lóxica, entón acéptao. Xa nos gustaría a nós ter esa capacidade para cuestionar a realidade!

Christopher é un mozo con síndrome de Asperger, si, pero é capaz de superarse a si mesmo e de vencer os seus medos como o que máis. E, aínda sendo consciente das súas limitacións, con soños por cumprir, como licenciarse en Matemáticas e Física na universidade ou independizarse.

 

Unha vez máis, temos que agradecer a Luísa, a responsable da biblioteca do IES Primeiro de Marzo de Baiona, o préstamo dalgúns exemplares. E tamén a colaboración de Luís, o profesor de Pedagoxía Terapéutica do noso centro, que, coa súa experiencia neste campo, nos ilustrou sobre distintos aspectos das patoloxías do espectro autista.

Entre a bibliografía que nos achegou Luís, destacamos o cómic de Miguel Gallardo María y yo, publicado por Astiberri en 2007. Tamén é interesante a novela de Francisco Castro titulada O ceo dos afogados, que podedes atopar na colección Fóra de Xogo de Xerais.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: