Publicado por: paralaia | 16 Decembro 2012

Nómades

jpgPor fin, o pasado luns 3 de decembro, celebramos a primeira reunión do novo Club de Lectura de 1º Ciclo. Despois de dar conta duns suculentos ‘bocatas’ e uns bombóns de sobremesa, puxémonos ‘mans á obra’, que nesta ocasión era Nómades, a novela gráficado ilustrador galego Xosé Tomás publicada por Galaxia en 2011 (podedes botarlle un ollo ó seu blogue). As historias seleccionadas (Fátima, Mercedes, Asunción, Lupe, Ghalia e Nawal) déronnos pé para abordar interesantes cuestións relacionadas cos problemas aos que se enfrontan as mulleres inmigrantes, persoas que o arriscan todo para fuxir da miseria e que, unha vez chegadas a un novo país, seguen a padecer indiferenza, violencia de todo tipo, soidade e marxinación.

Deixounos un bo sabor de boca esta experiencia co alumnado de primeiro ciclo; agradecemos o entusiasmo e o interese que mostraron, as súas intervencións, as atinadas e as menos acertadas… Se un non entendía algo ou entendíao mal, sempre había un compañeiro ou compañeira disposto a aclararllo.

O relato que leva por título Ghalia foi, con diferenza, o que máis difícil de entender lles resultou, e houbo que axudalos un pouquiño. Quizais fose porque rompe un pouco coa uniformidade que presentan os outros cinco.

Xa agardamos con impaciencia a próxima sesión.

E para que vexades que non foi todo traballar, botade un ollo aos momentos de relax durante o almorzo. Abofé que estaban bos os bocatas…:)

DCIM100MEDIA

DCIM100MEDIA


Respostas

  1. Queridos amigos e amigas da Paralaia. É un pracer saber que Nómades vos gustou, e que vos proporcoinou momentos de reflexión compartida. É un honor para min que valoredes a obra, e que vos aportase un pouquiño de humanidade, e de empatía cara ás persoas que pensamos que son diferentes. Unha aperta grande.
    Xosé Tomás

    • Agradecémosche moito o teu comentario, Xosé! Non é habitual que os autores se dirixan de maneira tan directa e espontánea a un modesto club de lectura escolar como é o noso. Disfrutamos, emocionámonos e aprendimos moito coa túa obra, que nos axudou a falar de temas que consideramos esenciais para a nosa formación como persoas solidarias coas vítimas das inxustizas e os prexuízos, da soidade e a falla de recursos, da emigración e do machismo… Talvez nun futuro próximo poidamos contar coa túa presencia para falarnos de estas e outras historias;).
      Unha aperta forte e agradecida


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: