As últimas lecturas do noso club de lectura neste curso que agora remata foron O home que prantaba árbores, de Jean Giono, e o relato “Cornos de defunto”, incluído na obra Salseiros, de Francisco Calo Lourido.
A primeira das obras citadas tiña vinculación directa coa temática que foi obxecto de particular atención e de múltiples actividades ó longo de todo o ano no centro: o consumo responsable. Neste caso en relación co ámbito máis estrictamente medioambiental. A preciosa fábula de jflsjfsl nos lembrou a importancia da participación e do compromiso solidario, mesmo desde a soidade, para cambiar o mundo que nos rodea. Tamén nos axudou a recoñecer o valor do entorno natural para a conformación dun medio máis sociable, máis humano e habitable. E, por último, nos fixo ver que as utopías poden ser posibles se se ten fé nelas…
En canto á obra de Calo Lourido, nos permitiu falar da guerra e da posguerra civil españolas, sobre todo no que atinxe ás inxustizas e ás violencias que padeceu o bando perdedor. Nese sentido, o debate sobre este emocionante e conmovedor relato foi un perfecto punto final para a visita á Illa de San Simón, lembrándonos o triste pasado deste lugar como cárcel e escenario de fusilamentos de presos republicanos… Ademais, a ambientación mariñeira do conto acompasábase ben co entorno da Illa.
Aquí tedes unha preciosa película de animación baseada na obra de Jean Giono. Que a disfrutedes, e que teñades unhas estupendas vacacións!
Deixar unha resposta