Publicado por: paralaia | 7 Maio 2012

Nómades e Abuela Grillo

Hoxe desfrutamos dun debate dobre, porque dous foron as obras sobre as que falamos: o cómic Nomades, do ilustrador galego Xosé Tomás, e a curta de animación Abuela Grillo.

O cómic deunos pé para falar da situación das mulleres que sofren marxinación, violencia, prexuízos, indiferencia e soidade… A obra de Xosé Tomás, con brevísimos diálogos, con verbas moi escollidas, con silencios que o din todo… conmoveunos e deunos moito que pensar e que falar. Recoñemos o perfil máis brutal deste mundo ‘civilizado’ que non ten escrúpulos á hora de empequenecer e marxinar ás máis débiles, como se fosen obxectos ou seres invisibles que nada son e nada valen, como os ‘nadies’ dos que fala Galeano. Pero, ó mesmo tempo, non puidemos evitar lembrar-nos da nosa responsabilidade á hora de loitar por un mundo máis humano, máis aberto e máis xusto para todas e todas. En fin, aquí deixamos algunhas imaxes do cómic tomadas do mesmo blog de Xosé Tomás, que podedes visitar neste enlace: http://xosetomas.blogspot.com.es/2011/10/nova-novela-grafica-nomades-new-graphic.html

 

Polo que se refire á curta de Abuela Grillo, como unha imaxe vale máis que mil palabras, podedes mirala a continuación:

A curta foi elaborada por un equipo danés que traballou cunha comunidade boliviana e baséase nun mito indíxena en torno ó tema da auga. Sobre este mesmo tema, que recentemente deu pé a intensos conflictos sociais en Bolivia, temos unha magnífica película española, También la lluvia, de Iciar Bollaín, que vos recomendamos vivamente. Queredes ver o tráiler?

Por certo, sobre o tema da auga, no curso do debate, Sofía (a profa) propuso o visonado da curta que sobre a historia da auga embotellada fixo o meso equipo que elaborou a célebre curta sobre “A historia das cousas”. Aquí o tedes: realmente paga a pena, así que non o perdades!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: