Publicado por: paralaia | 7 Febreiro 2012

Sarou

O pasado luns, día 6 de febreiro, tivemos un coloquio-xantar para comentar as nosas impresións sobre a lectura dunha novela de Ramón Caride: Sarou.

O bo ambiente, axudado sen dúbida polos postres que prepararon algúns dos participantes -para deleite de todos e todas os que tivemos a fortuna de ‘catalos’:)!-, foi a nota dominante. O debate foi prolongado, crítico e constructivo. Falouse das virtudes e dos defectos que algúns víamos na trama argumental ou en certos personaxes, falouse das similitudes da obra coa realidade que retrata, e falouse -sobre todo e ante todo- das drogas, do seu papel no noso mundo occidental, da súa incidencia nas xeracións máis novas e na responsabilidade colectiva de todos e todas polo papel que desempeñaban determinadas sustancias no ocio colectivo.

Todas e todos coincidimos na complexidade deste tema, na ausencia de solucións máxicas e na vinculación que, en todo caso, teñen as drogas tal e como se consumen nos países máis desenvolvidos cunha determinada forma de vida, cunha concepción da sociedade cada vez máis individualista, insolidaria e egoísta. En definitiva, o problema das drogas é un síntoma da enfermidade dunha sociedade que ten que cambiarse a si mesma para poder solucionar ese e outros moitos problemas…

Sobre o temas das drogas e a xuventude é moi recomendable o artigo seguinte, publicado polo pai dunha das compañeiras do noso club: http://elpais.com/diario/2007/07/31/salud/1185832803_850215.html. Tamén nos recomenda a seguinte páxina: http://www.hablemosdedrogas.org/exposicion/.

A verdade é que a novela, como vedes, deu para moito, e non hai máis que ver o interese e a atención que reflicten as caras de todos e todas para decatarse…

Advertisements

Responses

  1. O mellor foron as larpeiradas que preparastes… non, vale, o mellor foi estar na vosa compaña falando do libro.
    Ata me dan ganas de organizar unha “quedada” para falar dos libros que estades lendo nas miñas materias!

  2. A min o libro gustoume bastante a verdade, é curto pero fai que non poidas parar de lelo. Pero o que máis me gustou foi poder comentalo todos xuntos, é moi interesante coñecer todos os puntos de vista. E ademáis se podemos comer algún que outro postre mellor que mellor.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: