Publicado por: paralaia | 26 Decembro 2011

O centro do labirinto

O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz, foi a nosa primeira lectura, a lectura coa que inauguramos o noso club. O que máis  nos chamou a atención foi a actualidade dunha novela que foi publicada en 1997 e que fala de temas tan candentes como a importancia das culturas e tradicións fronte a uniformidade globalizadora, a necesidade de valorizar e de normalizar o uso da nosa lingua fronte ás linguas maioritarias, o perigo para as democracias dos grupos de poder que tentan controlar o mundo desde a sombra, a urxencia de defender e practicar modelos de vida alternativos ó consumismo sen freo, ‘altermundistas’, concienciados ante as inxustizas e as agresións ó medio ambiente…

En fin, como vedes, a novela deu moito de si, e suscitou amplos e interesantes debates. Ademáis, ampliou os nosos coñecementos, coas súas alusións a artistas, lugares, épocas,… que nos levaron a rastrear a web na procura de información. Aquí vos deixamos algúns dos enlaces que, dunha forma ou doutra, parécennos pertinentes para situar esta estupenda novela no seu contexto.

Con respecto ó título, refírese inicialmente ós petroglifos de Campo Lameiro (aínda que o labirinto da protagonista ten un evidente carácter simbólico…). O cal foi unha boa ‘excusa’ para visitar este lugar máxico e coñecer de primeira man estas xoias do noso pasado máis remoto. Podo asegurarvos que paga a pena a visita!Stratos

A banda deseñada: A novela ten na súa dedicatoria dúas alusións a grandes autores de banda deseñada, un galego e outro británico. O primeiro é o mesmo que ilustra a portada, Miguelanxo Prado, do que se menciona a súa obra Stratos. Esta é a súa portada:

O segundo autor é xa un clásico que revolucionou o mundo da banda deseñada: Alan Moore. Non me resisto en amosarvos a súa espectacular imaxe (eses si que son aneis!). Na nosa novela cítase unha das súas obras mestras: Watchmen. Tedes xunto á fotografía de Moore unha das portadas deste cómic mítico:


Música: Pero na nosa novela non so hai referencias ós cómics. Tamén atopamos a mención dunha mítica canción de Bob DylanThe Times They Are a-Changin’. No seguinte enlace podedes ver e escoitar… e disfrutar dunha versión desta canción:

Poesía: a novela O centro do labirinto remata coa cita dun verso do actual presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, un verso que nos lembra o valor das “verbas estirpe” da nosa lingua. Do propio Ferrín, poeta e narrador fundamental da recente historia das nosas letras, vos ofrecemos este coñecido poema seu: “Reclamo a liberdade pro meu pobo”.


Respostas

  1. Foi realmente unha lectura que pagou a pena.
    Gustoume compartila con todos vós e pasar ese tempo xuntos falando sobre ela.
    Agora a pola seguinte!

  2. Gustoume o libro máis do que esperaba que o faría. Non tiña moitas ganas de comezar no clube de letura por medo a como serían os libros que traballariamos. O primeiro libro escollido resultou tratar de temas interesantes que todo o mundo entende e valora como pode ser o respeto hacia as tradicions e culturas de cada lugar. Espero que a seguinte lectura sexa igual de interesante e pasar máis bos ratos durante as reunións.

  3. A min o libro tamén me gustou moito, paréce dunha temática moi interesante na que últimamente pensa todo o mundo. Eu xa lera algúns libros de Agustín Fernández Paz e é un autor que para min escribe moi ben.
    A ver si o volvemos pasar tan ben na reunión que tivemos ao rematalo e a ver si acertamos e o próximo libro que escollamos está tan ben ou mellor que este.

  4. O libro gustoume bastante, aínda que nalgunhas ocasións non me gustou moito.
    Gústame moito a idea deste clube de lectura, e espero que os próximos libros sexan do agrado de todos.
    Saúdos!

  5. Como todos os meus compañeiros, estou moi contenta co libro.
    É un dos mellores libros que lin en galego, xa que pola miña parte, estou máis afeita a leer en castelán, pero este libro fíxoseme ameno e entretido.

    Os temas a tratar son interesantes e ten unha perspectiva futurista que chámate a atención, xa que o tema dos petroglifos é recurrente, facendo sempre mención dalgunha maneira, ao noso pasado.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: